18 de mayo de 2017

Primavera en A Rogueira

Cubriendo un antiguo circo glaciar, la Devesa da Rogueira, uno de los bosques más importantes de la Península Ibérica, se viste de gala al recibir la bendición primaveral.

Regada por las nieblas, las lluvias y las nieves, nos ofrece su abrigo, su belleza y su soledad llena de vida.

Cuidarla es nuestra obligación.





"O Courel non remata nunca..."


Orchis italica

Una de las muchas riquezas biológicas de O Courel son las diversas especies de orquídeas que encontramos en la Sierra. 

En la fotografía, podéis contemplar un ejemplar courelano de Orchis italica, la orquídea conocida comúnmente como "la flor del hombre desnudo". ¿Por qué será...?




O Courel non remata nunca...



Un poco que llueve...

Un poco que llueve...y salen a la luz los vivos colores de la naturaleza courelana y de la huella humana.
Y es hermoso.



O Courel non remata nunca...


23 de marzo de 2017

Tres Pesos no Courel

Tres Pesos é un grupo de música tradicional de Galicia. Os seus temas son atemporais e tanto sonan a onte como a hoxe.

Felisa Segade, Estevo Lamas e José A. Ferreira (Pepe de Calo), conseguen coas súas voces, mailo acordeón, a gaita, o clarinete e un mundo de percusións, que sintamos alegría, ganas de festa e  boas vibracións. Pero tamén, unha boa dose de morriña, sentimento e emoción.

Estiveron hai uns días no Bar Art A Cova da Moura, en Vilamor do Courel, deixando unha chea de amigos nestas terras nosas da montaña e espallando o seu bo facer por toda Galicia cos forasteiros que tamén enchían o máxico local. 

Deixo aquí unha escolma de fotografías que lles fixen durante a súa actuación, e vídeos dos temas e do ambiente que crearon, esperando que sexan do seu agrado. Van feitos co corazón.

Gracias, Tres Pesos, e ata a próxima!



























































video

6 de marzo de 2017

Neves de marzo


A neve marcelina, cómea a galiña...
Non dure máis o mal da miña veciña, que a neve marcelina...

Estas neves no pobo do Carballal do Courel duraron pouco máis dun día, dándolle a razón ó refraneiro popular, mais tinguiron a paisaxe dunha maxia que só elas traen.





5 de marzo de 2017

Natureza exuberante


Baixo as néboas invernais, unha pequena pincheira precipita as súas augas sobre miles de anos de evolución xeomorfolóxica. Esta é a nosa terra e así de interesante e de espléndido é o noso Courel. 





26 de febrero de 2017

Encontros de O Libro do Courel cos amigos


O Libro do Courel leva varios meses na rúa, atopando amigos por cada lugar que pasa. Gracias á boa acollida entre as xentes amantes desta comarca luguesa, xa vai pola Segunda Edición e continúa adiante polos fermosos camiños do mundo.


Esta entrada no blog quere ser un pequeno resumo visual de diversos encontros do libro co público. E tamén, é unha boa plataforma para agradecer, como autora desta obra, o acompañamento constante das xentes de ben que sempre están ó meu carón: a miña editora Edurne Baines da Editorial Belagua en lugar principal, a miña familia, os bos amigos que nos axudan cada día e os lectores.


Infinitas gracias...


Juan Vázquez, amigo de O Carballal, un dos protagonistas 

Compartindo conversa con Uxío Novoneyra na casa do poeta do Courel

Juan de Vilar, outro dos grandes protagonistas do libro, na Cova da Moura en Vilamor do Courel

No escritorio de Uxío Novoneyra na Presentación oficial do Libro nun acto organizado pola Excma. Deputación de Lugo
Presentación na Festa da Pisa da Castaña, Froxán (O Courel)

Con Carmen e Evaristo, grandes apoios para levar O Libro do Courel ó éxito
Firmando un exemplar en Froxán
Presentación na Coruña 

Edurne Baines, editora de O Libro do Courel  (Editorial Belagua) e a autora

Edurne Baines e a autora na Galería Sargadelos de Lugo


Conversas cos lectores
Sonia García, autora do libro



 O Courel non remata nunca, e nós seguimos en ruta.





12 de febrero de 2017

O Libro do Courel na TVG

Se pinchades neste enlace, podedes ver a fermosa e sentida reportaxe que me fixo a Televisión de Galicia polo Libro do Courel.

Espero que vos guste : O Libro do Courel na TVG




O Courel non remata nunca...