13 de enero de 2017

O CASTRO DA TORRE OU DE SOBREDO


Testemuña do noso pasado, o Castro da Torre álzase impoñente sobre o río Lor, dominando o seu val dende os Montes do Cebreiro ó Norte, ata moito máis alá do outeiro no que se recorta a silueta de Vilamor, cara ó Sur.

Vinculado á minería do ouro que Roma explotou nestas terras, conserva a base das súas estancias circulares e rectangulares, mezcla do pasado prerromano e da vida que lle deron os fillos da loba.  A súa caída sobre o río, protéxeo de forma natural, ainda que se poden vislumbrar defensas como algunhas pedras fincadas no seu frente. Pola parte que non defende o río, fixeron naqueles tempos un foso cortado de quince metros de alto que o convertía en inexpugnable. 




Sentada nunha rocha, imaxino tempos pasados...Deixando que a mente voe e que a mirada se perda no val do Lor e nos cumios da Serra do Courel, síntome a raíña do mundo... E penso no futuro.

O Courel non remata nunca...

No hay comentarios:

Publicar un comentario