23 de marzo de 2017

TRES PESOS NO COUREL

Tres Pesos é un grupo de música tradicional de Galicia. Os seus temas son atemporais e tanto sonan a onte como a hoxe.

Felisa Segade, Estevo Lamas e José A. Ferreira (Pepe de Calo), conseguen coas súas voces, mailo acordeón, a gaita, o clarinete e un mundo de percusións, que sintamos alegría, ganas de festa e  boas vibracións. Pero tamén, unha boa dose de morriña, sentimento e emoción.

Estiveron hai uns días no Bar Art A Cova da Moura, en Vilamor do Courel, deixando unha chea de amigos nestas terras nosas da montaña e espallando o seu bo facer por toda Galicia cos forasteiros que tamén enchían o máxico local. 

Deixo aquí unha escolma de fotografías que lles fixen durante a súa actuación, e vídeos dos temas e do ambiente que crearon, esperando que sexan do seu agrado. Van feitos co corazón.

Gracias, Tres Pesos, e ata a próxima!



























































1 comentario: